Arma de destrución masiva
As armas de destrución masiva (ADM, en inglés WMD, weapons of mass destruction) son armas capaces de eliminar a un número moi elevado de persoas de xeito indiscriminado e causar grandes danos económicos.
Considéranse armas de destrución masiva as nucleares, biolóxicas e químicas. A expresión foi acuñada en 1937, e referíase ó bombardeo aéreo por parte da Luftwaffe nazi en apoio do exército sublevado na Guerra Civil Española, sendo o caso máis coñecido o de Guernica e os bombardeos sobre a poboación civil desarmada de Barcelona.
O uso actual desta expresión como sinónimo de armas nucleares, biolóxicas ou químicas foi creado na resolución 687 de Nacións Unidas en 1991. Esta resolución refírese á «ameaza que todas as armas de destrución masiva supoñen para a paz e seguridade», e menciona en particular as nucleares, biolóxicas e químicas, así como os tres tratados relevantes ás mesmas:
O uso desta expresión é motivo de controversia. Popularizouse sobre todo durante a crise de desarme iraquí en 2002 e serviu como pretexto para a Guerra de Iraq.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arma de destrución masiva |
- https://web.archive.org/web/20060827110612/http://www.stopusa.be/scripts/texte.php?section=CL&langue3&id=24471
- https://web.archive.org/web/20060527034732/http://www.monde-solidaire.org/spip/article.php3?id_article=2295
- Patrick Barriot e Chantal Bismuth: A clasificación de armas non ten sentido (Le Monde Diplomatique)